Diario de Pontevedra, 1 de novembro do 2020
“Desta maneira naceu Quen é quen, un proxecto de Celso Milleiro e Xosé Manuel Moreira enmarcado na súa investigación Memorias de Sal e Terra e que conta coa colaboración de Enriqueta Otero-Mola.
Co seu traballo xeraron unha base de datos veciñal con información recollida de hemerotecas, arquivos e familiares e no que conseguiron recompilar os nomes e apelidos dos veciños da vila, así como da parroquia de Lourizán, un territorio administrativamente pontevedrés, pero cunha cultura e perspectiva económica e social arraigada a Marín, explica Milleiro.”