Casilda Pazos Pérez

Publicado no Diario de Pontevedra e en Pontevedraviva.com o 21 de setembro do 2019.

Nada en Lourizán sobre 1884, Casilda Pazos Pérez foi unha desas mulleres esquecidas polo paso da historia, tamén por unha sociedade de cultura machista que escasamente valorou o traballo desenvolvido por mulleres e menos aínda se se trataba de loitar polos dereitos laborais.

Se Dolores Santiago Troitiño “A Pasionara” foi Presidenta da Sociedade de Chaboleiras e Empacadoras de Marín (CNT) e Carmen Vilas Veiga ocupou o mesmo cargo na Sociedade de Conserveiras e Estivadoras de Marín en 1936, Casilda foi a Presidenta da Sociedade de Obreiras e Obreiros dedicados á Extracción de Mariscos de Marín (UGT) en 1932.

Esta sociedade estaba conformada por cento vinte e tres asociad@s, tanto por mulleres como por homes, polo que toma máis valor a súa posición de dirixente nun período onde a muller non o tiña doado para chegar a postos de responsabilidade se había homes polo medio.

Pola súa familia sabemos que o seu traballo abranguía ademais o social, pois foi Alcaldesa de Barrio nos Praceres, lugar onde abre un pequeno bodegón en 1935. Descoñezo cando faleceu, aínda que vivía en 1952. As súas fillas Laureana “Misleona” e Josefina Vázquez Pazos herdaron o seu tesón e dignidade, pois foron detidas en febreiro de 1959 pola a súa oposición á construción da celulosas.

About the Author

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

You may also like these