Publicado polo Diario de Pontevedra e Pontevedraviva.com o 10 de outubro do 2020.
Daniel Gómez Martí naceu en Vilagarcía en 1909. A súa familia decide pasarse ao evanxelismo, relixión da que despois abxuran en Carril en 1911 para pasarse de novo ao catolicismo. Chegaron a Marín en 1917, residindo no lugar da Costa e sendo coñecidos como “Lamparillas”.
De profunda conviccións políticas, Daniel amosou xa de mozo un activismo importante na defensa dos seus ideais. De profesión zapateiro, foi detido con 22 anos pola Garda Civil, xunto co seu irmán José, por ser os autores do incendio da Capela Evanxélica de Marín acontecido o 26 de xullo 1932. Foi xulgado en solitario un ano máis tarde en Pontevedra e absolto do cargo.
Desenvolve o seu traballo en Vigo. En Sevilla foi detido de novo, desta vez xunto ao seu camarada José García Bustos “Santacomba”, veciño do Igrexario de San Xián. De novo serían detidos os dous en 1935 por pintadas “subversivas” en Marín. Cofundador da Xuventude Socialista Unificada de Marín, representando ao á comunista da formación. Como Delegado de Marín participa no mes de maio de 1936 no II Congreso Socialista Provincial.
Daniel colaborou na defensa da República o 20 de xullo de 1936. Agachouse na cova de “Papaminiños” (area do Santo, Ardán) e pénsase que foi paseado no lugar, a súa morte non foi rexistrada.