José Benito Trabazo Currás

Para coñecer quen foi o primeiro concelleiro socialista de Marín non habería que recorrer a unhas siglas políticas determinadas, dado que posuír esta ideoloxía ben podería facelo a través do sindicalismo ou mesmo sen ter filiación político-sindical.

José Benito Trabazo Currás naceu en San Xián de Marín en 1883. Era xenro de Vicente de la Iglesia Pena, veciño dos Bravos, cofundador dunha sociedade de seguros mutuos na parroquia en 1888, cuxo pasamento foi moi sentido polos agraristas de San Xián en 1923.

Moi novo, Trabazo participa do movemento obreiro, cuxas pegadas déixanse ver en 1908. Ao ano seguinte aparece como integrante da primeira Agrupación Socialista que se formou en Marín. Ocupou varios cargos directivos entre eles dentro da Sociedade de Ebanistas de Pontevedra en 1913, en 1921 formaba parte da directiva da Sociedade Agraria Unión Campesiña de San Xián de Marín, ligada á UGT e polo tanto con conciencia de clase.

Polo “importante” artigo 21 foi nomeado en 1922 concelleiro en representación desta sociedade, exercendo a función de Síndico na corporación municipal de Marín. Tamén traballou de panadeiro, mais unha crise económica obrigouno a exercer no pontón de Vicente Suárez. En 1928 un accidente de traballo nesgoulle a vida con 45 anos, con el faleceron 4 operarios máis nun barco pontoneiro.

About the Author

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

You may also like these