Esquecidas

Publicado no Diario de Pontevedra o 19 de xaneiro de 2019.

Entendo a Memoria Histórica como a recuperación do noso pasado, principalmente aquel protagonizado polos/as que defenderon os dereitos, a xustiza, a desigualdade e a liberdade. Se do movemento obreiro apenas coñecemos o seu percorrido histórico moito menos aínda sabemos do protagonizado por outro sector moi desfavorecido: a muller, pese a esencia matriarcal da sociedade galega.

Unha desas mulleres esquecidas foi Josefa Sequeiros Torres, nacida en Marín sobre 1848, casada e con fillos, veciña primeiro de Vilaseca e despois en Moledo (Ardán), propietaria, defendeu ao longo da súa vida “os seus ideiais con tesón”. Ao falecer o 17 de maio de 1932 os seus veciños/as quixeron recoñecer esa loita cun enterro multitudinario. Nunha cerimonia civil, o seu cadaleito levou a bandeira da República Española, ademais a sede da Sociedade Labrega e Obreira “A Unión” de Ardán (UGT) tiña a súa bandeira a media asta e contou coa presenza de moitos labregos de Loira e Soaxe. José Alonso Fervenza “O Poste”, Presidente da Sociedade Labrega de Ardán, enxalzou as ideas da finada antes de ser soterrada. Existen máis casos de enterrros de mulleres multitudinarios, como o acontecido en xaneiro de 1933 co falecemento en Ponte Zapal de Pastora López Alonso, nun enterro civil (non evanxélico) e coa presenza do alcalde socialista de Marín, Antonio Blanco Solla.

About the Author

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

You may also like these