O Patrimonio a conservar

Publicado no Diario de Pontevedra o 2 de decembro de 2017.

Marín precisa recuperar e por en valor o seu patrimonio arquitectónico, xa por si moi danado pola desidia e desinterese institucional existentes desde o franquismo.

Nos anos 50 do século pasado o Concello permitíu o derrube da casa do Priorado, poñendo fin a séculos de historia pois por aquel entón era o edificio máis antigo de Marín, xerando sen lugar a dúbidas o maior atentado ao noso patrimonio histórico artístico.

Nos últimos días fálase da execución de derrube das ruinas de varias casas na rúa Méndez Núñez, entre elas a antiga fachada da conserveira de Manuel González Chamadoira. Esta circunstancia supón outra oportunidade para poñer un punto de inflexión na debacle do noso patrimonio, fortemente en perigo: arte rupestre, pazo de Cadro, etc.

As conserveiras xogaron un papel importante na economía do noso concello, a desaparición deste vestixio formaría parte da xa cada vez máis veloz perda da relación de Marín co mar.

Protexer e por en valor o noso patrimonio nos dignifica como persoas, dignifica ao concello e ademáis é un aliciente para a promoción turística tan necesaria sabendo que os turistas saen cunha impresión moi negativa da vila de Marín.

En 1956 o egrexio marinense Manuel Torres declaraba: “Adeus, amado Priorado. Lamentamos o teu destino. Os pobos, como as persoas, valóranse tanto polo que conservan como polo que destrúen”.

About the Author

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

You may also like these