Armadoras

Marín é un lugar interesante para mergullarse no estudo da historia da muller, un pasado esmagado polo feito da súa condición de xénero.

Unha das investigacións que se realizan en Marín  ten a ver co baleirado arquivístico que desenvolve Baltasar Luís Carabelos sobre barcos, armadores e tripulacións no século XX. Grazas a el puiden acrecentar un tema que me chamaba a atención desde había tempo: as mulleres armadoras.

O primeiro dato do que teño coñecemento aparece na persoa de Esclavitud Pérez Fernández. En 1913 ficou viúva de Laureano González González e tivo que facerse cargo dos barcos do seu home para poder subsistir. As primeiras armadoras fórono por herdanza e habería que agardar algúns anos para atopar no sector mulleres emprendedoras. Pese a que hoxe en día é un tema aínda escasamente investigado non foron poucas as que se dedicaron nalgún intre a este oficio, permítaseme nomear ás que temos identificadas polo momento: Dolores Aldao Carballo, Blanca Aparicio Nantes, Antonia Durán, Ignacia Martínez Pazos “A Chirimolla”, Ignacia Fernández Garzón, Josefa Márquez Correa, Herminia Muñoz Beloso “Nucha” ou Antonia Díaz Cereijo “A Mataporcos”.

Abofé que foron algunhas máis. Inconscientes desta circunstancia, coas súas pegadas contribuíron no camiño da consecución da igualdade de xénero entre homes e mulleres, importante como o traballo que realiza o feminismo activo.

About the Author

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

You may also like these