Pedra da Fecundidade en Marín: “dos Namorados” ou “Gamela”

Recollido do libro “A sociedade campesiña na mitoloxía popular galega”, de Buenaventura Aparicio Casado. A Pedra dos Namorados tiña gravada a figura dunha serpe, estaba situada onde hoxe en día atopamos o antigo Hospital da Escola Naval Militar de Marín. Por este artigo sabemos que Carme “A Bolela” aconsellou a dous matrimonios acudír á pedra para ter xuntanzas de noite e conseguir ter fillos. Polo tanto estamos tratando dun símbolo da fecundidade. Nada sabemos sobre esta muller, da que algúns veciños situaban como veciña da Costa.

Veciños de Marín mencionados por Modesto Rodríguez Figueiredo:

  1. Carlos Paratcha Vázquez.
  2. Celestino Villanueva Iglesias “Bambalúa”, 87 anos en 1973, veciño das Rozas (San Xián de Marín).
  3. Manuel de la Iglesia Caeiro “O Coco”, 93 anos en 1973, veciño de Macenlle (San Xián de Marín).

Mais Gonzalo Santiago Rodríguez, no seu artigo “Pequeno Litoral” e publicado no xornal Diario de Pontevedra, comentaba o seguinte:

“(…)Á praia de Marín seguía O Forte de San Fernando, encravado sobre un promontorio rochoso e en cuxas proximidades funcionaba unha fábrica de conservas e que hoxe é asento da Escola Naval. Viña a pedra chamada Gamela, que quedaba descuberta co devalo da maré e á que se atribuían virtudes fecundadoras, polo que moitas mulleres, ao parecer estériles, recobraban a súa fertilidade ao rañar as nádegas sobre a rocha, nunha noite de plenilunio e recibir o baño das pequenas ondas. Ao parecer tal astucia daba resultado, pois teño oído contar que a muller dun comandante do porto, a primeiros do século XX, conseguiu ter familia logo de realizar a máis ou menos pagá invocación. (…)”

Buenaventura Aparicio Casado
Perspectiva de onde podería situarse a Pedra nos Namorados (foto anterior á Construción do Hospital da ENM)

About the Author

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

You may also like these