Urbano Rodríguez Moledo

Publicado no Diario de Pontevedra e no xornal dixital Pontevedraviva.com o 22 de xaneiro do 2022.

Urbano

O pasado mes de decembro, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín desenvolveu na Biblioteca Municipal unhas xornadas dedicadas ao marinense olívico Urbano Rodríguez Moledo.

Non era a primeira vez que o devandito organismo levaba a Urbano á palestra. Na miña opinión foi outro dos moitos acertos que deixa ás claras o bo facer e traballo da ARMH. Sen lugar a dúbidas fíxose xustiza cun home que forma parte da nosa historia local, tomando conciencia da importancia do persoeiro. Agora só fica que Vigo teñan algo máis que luces para facer o mesmo.

Urbano naceu na cidade olívica en 1902, mais marinense de adopción onde viviu unha boa parte da súa vida. Esta relación non é trivial pois é moi probábel que a súa nai estivera vinculada dalgún xeito a Marín.

Home polifacético, foi escritor, actor, dramaturgo e director de teatro. Mais tamén foi unha persoa comprometida coa xustiza social, coa liberdade e igualdade, participando na política e con 15 anos representou á Xuventude Socialista na celebración do 1º de Maio no teatro Veiga, sendo elixido o seu Presidente en 1919.

O seu compromiso co idioma convérteo nun galego de nación. Foi fusilado polo fascismo en Vigo o 10 de decembro de 1936.

About the Author

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

You may also like these