José Mª Saavedra Galiñanes

Artigo publicado no xornal “Diario de Pontevedra” e polo xornal dixital “Pontevedraviva.com”.

José Saavedra Galiñanes naceu na Guarda en 1904, de pai ferrolán e nai guardesa. Co tempo ingresou na Armada; tiña a gradación de Contra-Mestre Naval cando en 1928 casou no mosteiro de Poio con Jesusa Lines Villanueva, natural do devandito concello mais pertencente a unha familia asentada en Marín desde 1918. Froito deste matrimonio naceron: José Olimpio “Pepín”, Mª Jesús, Fernando, Manuel e Olga del Pilar.

En 1935, sendo Auxiliar Naval de Primeira, foi destinado a San Fernando (Cádiz). Mais as circunstancias cambiarían drasticamente na familia. O primeiro golpe aconteceu nesta localidade gaditana cando ao ano seguinte faleceu a súa muller. Situación difícil ao que tivo que engadir meses despois un golpe militar triunfante en San Fernando, polo que tivo que tomar partido coa sublevación.

Destinado ao cruceiro Baleares, perdeu a vida o 6 de marzo de 1938 ao ser afundida a embarcación pola armada republicana, quedando os fillos completamente orfos.

A guerra civil amosou o difícil que foi para moitas familias a división que lles provocou a contenda bélica. O seu irmán Julián foi fusilado na Guarda o 10 de agosto de 1936 por republicano  e o seu irmán Manuel combateu co exército republicano, estando preso despois en varios campos de traballo forzoso.

About the Author

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

You may also like these