Mixiriviñas

Publicado no xornal dixital Pontevedraviva.com e o Diario de Pontevedra o 15 de outubro de 2022.

O alcume debeu ter a súa orixe nalgún dos compoñentes do matrimonio formado por Benito Tilves Nores, nado en Currás en 1881, e Isolina Villanueva Gago, natural de Montecelo (Seixo) onde residiu a parella e naceron os seus fillos, entre eles Ricardo e José.

Ricardo era veciño do Igrexario de Piñeiro, onde casou, e decidiu trasladarse co boom da industria do bacallau a Pasaia (Euskadi), como fixeron naquel intre moitos veciños das parroquias de Seixo e Ardán. Alí afiliouse á Sección de Fogueiros do sindicato pasaitarra de La Unión (UGT). Co golpe de estado de 1936 a súa posición foi de lealdade ao goberno democrático da república, coa evacuación de Pasaia intenta fuxir a Francia, mais foi apreixado e levado a un campo de concentración en Vilagarcía de Arousa. Faleceu en Marín en 1992.

A historia do seu irmán José foi ben distinta, como a meirande parte dos galegos foi obrigado a loitar no exército sublevado e como moitos marinenses pasouse ao exército republicano, entrando no batallón Bakunin (CNT). Tras a caída de Santander foi capturado e tivo que pasar por varios campos de concentración, entre eles no de Talavera de la Reina (Toledo). Casou dúas veces e faleceu en Errenteria (Euskadi) en 1985.

About the Author

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

You may also like these