Diario de Pontevedra, 26 de novembro do 2017
“Celso Milleiro estudou Químicas e na actualidade traballa no eido da Sanidade, pero a súa verdadeira vocación discorre por un derroteiro ben distinto. Afondar na raigame da sociedade marinense sempre foi a maior inquedanza de Milleiro, que acaba de publicar, xunto co historiador da arte Xosé Manuel Moreira Docampo, o primeiro volume de Memorias de sal e terra, unha colección de libros que pretende redescubrir a historia da vila, xa que unha parte dela está totalmente esquecida, mentres que a outra aínda non se contou.”