Diario de Pontevedra, 27 septembro 2018
“Cando o investigador marinense Celso Milleiro visitou este verán as terras de Euskadi, non contaba con vivir a casualidade de atoparse con tres antigos veciños de Loira, que se achegaron a el ao escoitalo falar galego. Cando se di de Pasaia, e máis concretamente do barrio de Trintxerpe, que é a quinta provincia galega non é sen motivo. No momento no que estoupou a Guerra Civil que desangrou o país, había rexistrados preto de 4.000 galegos nesta localidade situada na costa oriental de Gipuzkoa e moitos deles, por unha serie de acontecementos previos que tiveron lugar no mundo da pesca, eran de Marín.”