A emigración redondelá ás Américas. Introdución

Apolinar Contreras Piñeiro, emigrante en Lisboa.
© Xornal “Vida Gallega”

Durante séculos houbo unha tradicional emigración de redondeláns cara Portugal, maioritariamente a Lisboa. Durante a primeira metade do século XIX atopamos na capital do estado luso, entre outros moitos, ao veciño da aldea de Padrón (Saxamonde) Francisco Lago Riva no Porto en 1820, aos irmáns e veciños da aldea da Seara (Saxamonde) Manuel e Jacobo Lago Martínez en Lisboa en 1839, Evasio Antonio Rubín Oroña en Peniche en 1846, Miguel Mª Alfaya Milleiro en Lisboa en 1856…Mais esta relación co país irmán ven desde lonxe, non só polos vínculos das nobrezas redondeláns e portuguesas (Francisco Nogueira e Zúñiga, veciño do Porto en en 1687, Manuel Salgado e Bacelar, Capitán en Estremoz en 1697, Francisca Soares Moscoso, María de Araújo…) senón tamén polas transaccións económicas entre Redondela e Portugal: Melchor Pérez e Antonio Cerin [Antonio Serín], membros do Gremio de Mareantes de Redondela e Tratantes de sardiñas a Portugal en 1719, ou os irmáns Manuel e Cayetano Queimaliños Vallejo Domínguez del Monte veciños de Lisboa en 1762. Este continuo fluxo, aínda forte na primeira metade do século XIX, vai cambiar de xeito importante, tanto en cantidade como en dirección.

Na metade do século XIX prodúcese unha emigración nos principais puntos costeiros da Galiza cara as antigas colonias do antigo imperio español. Redondela non vai ficar afastada deste movemento migratorio, todo o contrario. Países como Arxentina, Brasil, Uruguai e en menor medida Cuba serán os destinos para elixir na veciñanza do concello e serán primeiro os fillos das familias de maior poder adquisitivo os que inicien esta vaga migratoria. Unha vez instalados a colectividade redondelán demostraba o seu desexo de axudar aos seus e sobre todo aos máis necesitados.

A comezos de séculos atopabamos redondeláns, principalmente, por Montevideo e Paysandú (Uruguai), Rio de Janeiro e Bahia (Brasil), Córdoba, Villa María e BBAA (Arxentina). Os que se dedicaron ao comercio fixérono cara “Villa María”, Paysandú e Córdoba. Unha proporción importante de mariñeiros optaron pola pesca cara Montevideo. No século XIX destacaron en Paysandú persoeiros como o farmacéutico Antonio Pereira Iglesias, Benigno Sampedro, José Francisco Javier Otero de las Cuevas ou Baldomero Táboas Queimaliños.

O 9 de marzo de 1875 saía do porto de Rio de Janeiro con destino ao Rio da Prata “Savoie” con máis de 380 pasaxeiros en tránsito, nel ían tres redondeláns: Eulogio Milleiro Miguez, José María Milleiro e Serafín Tojeiro Queimaliños.

Na localidade de Villa María (Córdoba-Arxentina) atopamos ao empregado Bernardo Giráldez, a Elisa Cardama (que casa no lugar en 1875 co natural de Soutomaior Joaquín Pereira Domínguez), a Florencio Arines Bula (que chegou a Villa María cos seus pais Manuel Arines e Juana Bula en 1874 e foi o primeiro Intendente da vila arxentina) . En 1891 os redondeláns Pedro Figueroa (nado en 1872) e Claudio Bermúdez (nado en 1869) fundan alí un serradoiro coa firma “Bermúdez e Cia”, mais a eles débeselles a primeira planta de combustíbeis, a primeira oficina de teléfonos, tranvía e hipódromo do lugar. Por eses lares chegaron tamén as redondeláns María e Ángela Sobral, a primeira nada en Redondela en 1889 e que casaría en “Villa María” en 1912, emparentadas presumibelmente con Constancio Sobral.

Bernardo Fernández
© Municipalidade de La Playosa (Arxentina)

Perto do lugar, fúndase en 1903 a localidade de La Playosa por Bernardo Fernández, redondelán nado en 1852. Bernardo foi Presidente da Asociación Española na Arxentina, Presidente da Asociación de Socorros Mutuos de Córdoba, Socio Fundador da Asociación Española de Socorrros Mutuos, etc.

Co tempo, os emigrantes xuntaránse en sociedades de socorros mutuos e despois en entes locais para poder achegar axudas benéficas aos seus veciños. En 1898 o cura párroco da parroquia de Santiago de Redondela Bernardino Couñago Táboas e o Síndico municipal Olimpio Táboas recibían unha carta do veciño de Paisandú, Baldomero Táboas, co desexo de ceder unha das súas casas que poseía en Redondela para instalar un pequeno hospital para os pobres do distrito, doando unhas mil pesetas como renda para axudar a soster a casa benéfica. O Concello quedou en estudar a proposta.

No mes de outubro de 1900 a colectividade de fillos de Redondela en Rio de Janeiro (Brasil) envía 475 pesetas ao veciño Francisco Rodríguez que por mor dun incendio que o levou a un estado de miseria.

José Figueroa Montero
© Xornal “Nova Galicia”

O xornal “La Región” do 21 de abril de 1910 traslada nas súas noticias outra publicada desde São Paulo (Brasil) polo xornal “La Voz de España”: “Dáse conta da segunda reunión celebrada polos redondeláns alí residentes para dotar á vila dos viadutos dun hospital e e dunha ou máis escolas, segundo o permitan os recursos de que chegue a dispor a nacente institución. A sesión realizouse nos amplos salóns do Casino Español, galantemente cedidos pola súa Xunta Directiva, comparecendo a case totalidade dos fillos de Redondela estabelecidos na capital federal. Por aclamación, presidiu o acto D. Plácido Isasi, presidente do Casino, quen exhortou con frases entusiastas aos redondeláns a apoiar sen reservas de ningunha clase humanitaria e patriótica iniciativa dos señores D. Jesús Muíños, D. José Figueroa e D. José Amoedo, creando a <<Asociación de los Hijos de Redondela>>. Despois de falar varios participantes procedeuse á elección da xunta directiva, que quedou constituída na seguinte forma:

Presidente: José Figueroa; Vice-Presidente: Manuel Domínguez Suárez; Secretario: José Amoedo Miguez; Vice-Secretario: Jesús Muíños; 1º Tesoureiro: Constantino Pereira; 2º Tesoureiro: Enrique Figueroa Montero; Vogais: José Sequeiros da Riba, Antonio Sotelino, José Lago Carrera e M. Eladio García Fernández”.

José Figueroa Montero naceu en Vilanova de Redondela, fillo de Jacinto Figueroa Besada e Estrella Montero Miguez. Moi novo emigrou a Brasil o 20 de maio de 1894, onde fixo fortuna, o 3 de agosto de 1912 casou con Carmen Membiela, falecendo ás poucas semanas. Foi socio fundador do Centro Galego de Rio de Janeiro, foi Director do Casino Español.

Manuel Domínguez Suárez naceu sobre 1869 en Redondela, fillo de José Domínguez Lamas e Dolores Suárez Docampo. Casou con Fermina Puertas Miguez, sendo veciños ambos en 1922 da rúa Afonso XII. En canto a José Amoedo Miguez non posúo información ao respecto, regresou do Brasil a Redondela en decembro de 1912, sendo rico propietario. Enrique Figueroa casou con Ramona Fernández e faleceu en 1923.

No mes de xuño de 1910 a colonia de redondeláns residentes en Río de Janeiro empezan a traballar activamente para promover a construción dun hospital en Redondela. Á invitación dirixida á colonia apareceu asinada polos seguintes: José Figueroa, José Amoedo, Jesús Muíños, Manuel Suárez, Antonio Sotelino, Jaime Serín, Enrique Figueroa, José Lago Carrera, Victoriano Novás, Manuel Puga Rodríguez, Eladio García Fernández, Nemesio Sotelino, Jesús Soto, Abel Fontán, Ramón Suárez, Ángel Fontán, Constantino Pereira, Rufo Domínguez, Lino Reguera e Jesús Villanueva. O xornal “Vida Gallega” transcribe a circular enviada á colonia redondelán: “Convencidos da benfeitora influencia que nos pobos da Galiza exerce a concentración da vontade e esforzos dos moitos fillos daquela rexión residentes en América, os cales esforzos foron até agora felizmente empregados, postos que deron resultados prácticos e beneficiosos en pro da educación e adianto de milleiros dos nosos irmáns de alén do Atlántico, aos que a fatalidade e a inquria dos gobernos non permitiu aínda gozar dun benestar e tranquilidade, sequera relativos, a que son acredores polas súas aptitudes de homes traballo; e visto o gran desamparo na que se atopa nese punto o noso partido de Redondela con relación a outros que actualmente gozan os beneficios a que acabamos de referirnos, debido á iniciativa, resolución e enerxía dos seus fillos espallados polos diversos pobos de América, cuxos paisanos, cal acontece cos que residen na Arxentina, Uruguai, México, Cuba, etc. constitúen asociacións protectoras como as “Pro Val Miñor”, “Fillos de Lalín”, “Fillos de Viveiro”, “Residentes de Calo”, etc, os que subscribimos, fortalecidos co asentimento e cooperación que están dispostos a prestarnos moitos outros redondeláns a quen expuxemos o noso pensamento, concebimos a idea de fundar no Brasil unha asociación dos fillos do partido de Redondela que tiña por fin de remediar e aminorar en canto sexa posíbel as múltiples calamidades a que se ven arrastrados moitos dos nosos conterráneos polo xeral estado de pobreza aos que os condenan os inventarados vicios daquelas administracións e o desafecto e esquecemento de quen deberían, sequera por humanidade, atender tales desgrazas”.

En xaneiro de 1912 publicouse un manifesto polo que os veciños residentes de Redondela e o seu distrito en Buenos Aires para constituírse en “Centro de Protección e Cultura”, entre os asinantes figuraban: José Fernández, Paulino Villar, Jesús Prego, Camilo Fervenza, Luciano Crespo, Genaro Rivas, Juan Miguez, Fernando Docampo, Antonio Fernández, Isidoro Otero, Manuel Fervenza, Benito Rivas, José García, David J. Rivas, Leodegario Bujones, David Cortizas, José Estévez, Manuel Crespo, Serafín Acuña, Emilio Pena, Valentín Rodríguez, Juan Lago, Manuel Sáa, José Cal, Lorenzo Cal, Francisco Paz, Narciso Criado e Enrique Nogueira. A Secretaría instalouse na rúa Humbolt nº 2280, de Palermo (BBAA).

En decembro de 1912 regresaba do Brasil a Redondela o rico propietario José Puga Rodríguez.

Crisanto Bula
© Xornal “Vida Gallega”

Non será até marzo de 1913 cando se constitúe formalmente unha sociedade que se chamou “Hijos de Redondela”. Na Asemblea constituínte acudiu un importante número de redondeláns asentados en BBAA que se saudaron agarimosamente. Iniciado o acto o Presidente e os convocantes explicaron o desenvolvemento dos traballos preliminares, o sentimento favorábel existente para realizar interesantes fins de protección, irmandade, cultura e lecer. Segundo relata o xornal “Nova Galicia”: “O discurso do Presidente abrangueu paragrafos de interese rexional e recomendou actividade e cooperación firme. Fíxose constar un aplauso a este xornal “Nova Galicia” e ao señor Fernando González, notábel xornalista en Rio de Janeiro, que como fillo de Redondela, ofreceu o seu apoio á sociedade. Igualmente léronse dúas alentadoras cartas de adhesión de dúas señoritas redondeláns Carmen e Sofía Iglesias, que resultan as primeiras asociadas. Houbo votos de grazas a todos os concorrentes e vivas a Redondela e a Galiza. A sociedade “Fillos de Redondela e o seu distrito” de Bos Aires (Arxentina) nomeaba a seguinte directiva: Presidente: José Fernández; Vice-Presidente: Crisanto Bula; Secretario: Jesús Prego; Pro: Luciano Crespo; Vogais: David J. Rivas, Isidro Otero, Fernando Docampo, Lodegario Bujones e David Cortizas; Revisores de Contas: Manuel Muíños, Francisco Martínez e Luís Esteiro. A Secretaría instalouse na rúa Serrano 1267. Ramataron a Asemblea facendo un chamamento a todos os de Redondela de calquera lugar de América para que se puxeran en comunicación coa sociedade e cooperaran para fortalecela como socios e con doazóns para lograr os fins fixados.

O 27 de setembro de 1913 tiña lugar unha velada para inagurar o “Centro de Cultura e Protección Fillos de Redondela” na rúa Sáenz Peña 242. Ese mesmo mes a Sociedade de Agricultores do Viso recibía dos seus veciños residentes en Rio de Janeiro 1.025.000 Reis Brasileiros, repartidos do seguinto xeito: 50.000 reais por Manuel Vidal, Antonio Sotelino, Jesús Bouzón, Perfecto Vidal, Manuel Bouzón, José López, Nemesio Sotelino, Jesús Soto, Manuel Soto, Manuel Martínez, Enrique Martínez, Juan Iglesias, Francisco Alján, Polivio Vidal, Manuel Bouzón Vidal, Constantino Sequeiros e José Pereira. 10.000 reis por José Vidal, Cándido Iglesias, José Barzal, Juan González, Claudio V. Barral, José Miguez e José Cavadavella. Con 20.000 reis Maximino Bouzón, Enrique Blanco e Manuel Ricón. Con 30.000 reis José Martínez e 15.000 reis Lino Reguera.

Crisanto Bula, en novembro de 1914 era o Presidente do Centro Fillos de Redondela. Crisanto Bula Figueroa naceu en Redondela aproximadamente en 1885, era fillo de Ramón Bula Álvarez e de Emilia Figueroa Miguez. Casou en Redondela con Leonor Contreras Valiñas o 16 de xullo de 1913.

O 19 de setembro de 1915 a Sociedade “Fillos de Redondela” dedicaba un xantar ao apóstolo do agrarismo galego Basilio Álvarez, así como ao seu amigo Manuel Lustres Rivas. Presidía a Sociedade José Clemente Sobral.

José Clemente Sobral
© Xornal “Nova Galicia”

No mes de febreiro de 1916 a sociedade tiña a súa sede na rúa México 2963.

No agromar de 1916 o Centro Galego de Río de Janeiro elixía na súa Directiva de 1916 e 1917 como Vice-Presidente a Constantino Sequeiros da Riba, cargo que repetiría de novo en 1921, ano que visita Redondela tras pasar moitos anos en Rio de Janeiro. Formou parte da Xunta da Cruz Vermella existente na capital do Brasil, así como en distintos entes societarios españois, en 1924 foi nomeado Presidente da Comisión Central da Cruz Vermella Española no Brasil.

A partir de 1916 fortalécese a emigración cara os Estados Unidos como consecuencia da crise xerada pola falla do carbón por mor da I Guerra Mundial. O sector máis afectado vai ser o mundo mariñeiro que nunha primeira vaga vai ser o colectivo que emigre maiormente a eses lares e que despois van ser un punto de chamada para outros sectores que van traballar maioritariamente na construción e na industria do automóbil. As achegas realizadas pola colonia redondelá en Norteamérica, chamada fillos dos mariñeiros de Redondela, para as familias máis necesitadas está debidamente documentada na prensa desde 1927 a 1931. A crise de 1929 obrigou a volver de novo a moitos deles. Na hemeroteca aparecen os seguintes nomes:

  • José Abal “Reboreda”. Non hai datos.
  • Manuel Alfaya Borines. Fillo de Agustín Alfaya Milijosa e Rosa Borines Testa. En Redondela dedicábase ao Comercio. Os seus devanceiros pertenceron ao Gremio de Mareantes de Redondela.
  • Manuel Alfonso. Non hai datos.
  • Jesús Amoedo. Se cadra o veciño de Redondela Jesús Amoedo Villar.
  • Ramón Amoedo. Se cadra o veciño de Redondela Ramón Amoedo Rodríguez.
  • Carmelo Amoedo Barbeito. Non hai datos.
  • Antonio Amoedo Villar. Nado en Redondela sobre 1896. C.c. María Amil Montero, falecida con 77 anos en xaneiro de 1973. Fillos: Juan, Ángel, Antonio e Aníbal Amoedo Amil. Faleceu en Redondela con 76 anos en febreiro de 1973.
  • Fermín Amil. Vogal da Comisión de Festas da Coca en 1933. Se cadra se trate de Fermín Amil Montero, fillo de Antonio Amil e Modesta Montero e que emigrou a Bahia (Brasil) en marzo de 1936. Se cadra Fermín Amil Pérez.
  • Juan Amil Araújo. Non hai datos.
  • Antonio Araújo Vázquez. Membro da Cofraría de Pescadores de Redondela en 1954.
  • Maximino Araújo Vázquez. Non hai datos.
  • Manuel Barreiros
  • Constante Barreiros. Se cadra Constante Barreiro González, Industrial de Coia en 1965, c.c. Encarnación Villar Barros, falecida con 64 anos en 1965.
  • Fermín Barros
  • Manuel Barros “Xavela”
  • Agustín Barros Domínguez
  • Casimiro Barros Villar
  • Manuel Bas
  • Juan Bas Miguez
  • Serafín Bellaco
  • Genaro Borines
  • Juan Bouzón Cabaleiro
  • Valentín Bouzón Ochoa
  • Genaro Cabaleiro
  • José Cabaleiro
  • Juan Cabaleiro
  • Manuel Cabaleiro
  • Ramón Cabaleiro
  • Wenceslao Cabaleiro
  • Valeriano Cabaleiro, se cadra Waldo Cabaleiro.
  • Bienvenido Cal
  • Manuel Cal Cal
  • Fernando Campos Alfaya
  • Marcelo Capellán
  • Esteban Casqueiro
  • Bernardo Crespo Pérez
  • Manuel Dacosta Cabaleiro
  • Luís Esteiro Campo
  • Manuel Esteiro García
  • Juan Benito Extremadouro
  • Agustín Falcón
  • Joaquín Fernández
  • José Fernández “Mouriño”
  • Santos Fernández Lamas
  • Francisco Fernández Paz
  • Manuel Fernández Paz
  • Isidro Fernández Paz
  • José Fervenza
  • Cándido Fervenza Lamas. C.c. Dolores Montero Pereira. Industrial. Falecido con 76 anos en outubro de 1965.
  • Amador Giménez Corujeira
  • Andrés Giménez Corujeira
  • Francisco González Domínguez
  • José González Guisande
  • Juan González Lemos
  • Julián González Lemos
  • Agustín González Pena
  • Clemente González Pena
  • Fermín González Pena
  • Serafín Iglesias Esteiro
  • Benito Lago “Binitillo”
  • Juan Lago Campo
  • Benito Lago Lamas
  • Manuel Lago Lamas
  • Cándido Lago Puga
  • Juan Lago Soutullo
  • Manuel Lamas Núñez
  • Vicente Lamas Roupeiro
  • Amador López
  • Eusebio López
  • Juan López Bilbaso
  • Fermín López Muíños
  • Telmo López Ventín
  • Félix Martínez
  • Carlos Martínez Serín
  • José Migueles Esteiro
  • Ángel M. Miguélez
  • Domingo Miguélez Crespo
  • Juan Miguez
  • Ramón Miguez
  • Santos Miguez
  • José Miguez García
  • Agustín Miguez Novas
  • Ramón Miguez Pérez
  • Bernardino Montero Figueroa
  • Francisco Montero Figueroa
  • Manuel Montero Otero
  • Diego Montero Pereira
  • Victoriano Mosquera Esteiro
  • Roberto Muras
  • Carmelo Otero
  • Rufino Otero Villasuso
  • Antonio Paz
  • José Pena Lamas
  • Francisco Peral
  • Alejandro Pereira
  • Francisco Pereira
  • José Pereira
  • Bernardo C. Pérez
  • Manuel Pérez Pena
  • José Pérez Pereira
  • Gregorio Pintos Araújo
  • Adolfo Puertas Fervenza
  • Francisco Rabuñán “fillo”
  • Amado Ricón Villar
  • Francisco Rodríguez
  • Valentín Rodríguez Chamorro
  • Juan Soto
  • José Ramón Soto Miguélez
  • Constante Soto Otero
  • José Soto Otero
  • Benito Soutullo Núñez
  • Generoso Soutullo Serín. C.c. María Montero.
  • Juan Tobío Mosquera. C.c. Consuelo Esteiro García. Falecido con 71 anos en novembro de 1961.
  • Antonio Tojeiro. Se cadra Domingo Antonio Tojeiro Calle, c.c. Encarnación Esteiro Garíca, fillos: María, Domingo Antonio e Bernardino Tojeiro Esteiro. Falecido con 76 anos en maio de 1968.
  • Manuel Touza Serín. Emigrou aos EEUU en dúas ocasións. Era dono da Casa de Comidas “El Tuyo”. Foi represaliado na Guerra Civil por masón. Volveu a Nova Iorque despois e tivo un restaurante. Foi membro fundador da Casa de Galicia en NY. Falecido o 3 de setembro de 1971.
  • José Vázquez Novas
  • Bargas Vila
  • Jacinto Villar. Presumibelmente Jacinto Villar Suárez, fillo de Antonio Villar Barbeito e de Cristina Suárez Oubiña, mariñeiros veciños da rúa da Ribeira. C.c. Carmen Alonso Rodríguez. Falece con 71 anos en 1968.
  • Jesús Villar Barros. Fillo de José Villar Montero e Rogelia Barros, mariñeiros do barrio do Espíritu Santo. Membro da Cofraría de Pescadores de Redondela en 1954. Casado.
  • Agustín Virulegio. Agustín Virulegio Queimaliños, fillo de Miguel Viruleg e Peregrina Queimaliños. Veciño da rúa do Ribeiro, c.c. Herminia Sestelo González. Zapateiro.

En agosto de 1932 a Sociedade “Fillos de Redondela”, residentes en BBAA, enviou ao Concello 1000 pesetas coa promesa de mandar outras 2000 pesetas para ser empregadas nas escolas do termo municipal.

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA:

About the Author

One thought on “A emigración redondelá ás Américas. Introdución

  1. Estimado Celso,

    Parabéns polo traballo. Sabes se hai artigos semellantes sobre a emigración de Soutomaior a Portugal?
    Unha vez máis, moitas grazas e parabéns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

You may also like these