“No ano 1931 consta rexistrado no censo da agrupación local do PSOE de Marín, pero atopámonos cunha contradición e é que, en 1934, aparece tamén dando cartos á homenaxe ao exército que combateu a sublevación militar en Asturias. Chama bastante a atención que pese a ser, nun principio, un home de esquerdas estea nesa listaxe. Posteriormente apenas aparecen datos oficiais del, foi coma se desaparecese do mapa”, resalta o investigador histórico, Celso Milleiro.”
Pequena aportación á vida de Pepito Meijón, no Diario de Pontevedra do 28 de agosto do 2016.
Este artigo foi necesario para poder ampliar o estudo realizado polo profesor da Universidade de Princenton, Germán Labrador Méndez, sobre a vida de José Meijón Area “Pepito Meijón” titulado “Que traballo común é a memoria. Arte e resistencia na Galiza de posguerra: unha introdución ao caso José Meijón” no 2019 e editado na revista Grial nº 222.